Quen somos

A nosa historia


O 17 de maio de 2017 embarcamos nun novo proxecto de renovación, recollendo ilusionados un legado de máis de trinta anos de historia. Ao frente deste navío como capitán e xerente está Xose Miranda, e como maquinista e cociñeiro Michel Cociña.

Este proxecto consiste nunha sinerxía entre o deseño e a gastronomía pero sempre sen esquecer as tradicións e as raíces da gastronomía e cultura galega. Apostamos por ser totalmente honestos cos nosos clientes achegándolles o produto que sempre definiu Casa Miranda: o peixe.

Peixe fresco e de calidade que obtemos dos barcos do porto de Burela, do cal nos nutrimos dende que abrimos as nosas portas, tanto de materias primas coma de clientes, os mariñeiros; esa xente que despois de moitos anos segue a vir día a día ao noso fogar, facendo posible que hoxe sigamos podendo ofrecerche un servizo e un produto de calidade.



Carta

A bitácora do Miranda

Ven a desfrutar da nosa terraza

Carta de cocktails

Contacto e reservas

Chama por teléfono para facer a túa reserva ou envíanos unha mensaxe

Teléfono

+34 982 58 56 29

Horario

Luns a Sábado 07.00 - 01:00

Domingos 07.00 - 15:30

Dirección

Rúa do porto S/N, 27880 Burela (Lugo)

A súa solicitude de reserva foi enviada. Gracias!